Pregón de Pilar Pallarés

A poeta coruñesa Pilar Pallarés, Premio da Crítica española 2018 por Tempo fósil e recentemente homenaxeada coa letra E da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, será a pregoeira desta 48ª edición da Feira do Libro da Coruña.

Nada mellor para achegarnos á súa figura que dende a súa propia autobiografía:

Nacín en Culleredo (A Coruña) en 1957. Comecei a escrever no Vigo da adolescéncia. Morei tamén en Compostela, Pontedeume, Lisboa e -desde hai xa 16 anos- na Coruña. Licenciei-me en Filoloxia Galego-Portuguesa en Santiago, na época en que a especialidade era unha subseczón de Filoloxia Hispánica. Dou aulas de Língua e Literatura Galegas nun liceu -iso que hoxe chaman IES- da Coruña.

Descobriu-me o país e o nacionalismo Moncho Valcarce, o cura de Sésamo. Moitas persoas foron fundamentais na miña formazón, mais salientaria a Francisco Pillado, o mellor director que tivo a Voz de Galicia e culpável en grande medida de que eu comezase a publicar, e o sempre añorado Ricardo Carvalho Calero. Fun aluna del o derradeiro ano que impartiu aulas. Continua a ser o mestre.

Andei polas directivas de “Alexandre Bóveda“, a Asociazón Cultural coruñesa, e da AELG. Milito no BNG, na UPG máis en concreto.

Non me imaxino sen o meu círculo de amigos e sen a miña particular relazón cos animais. Alguns amigos non a entenden moito, ainda que transixen.

Emotivo pregón da poeta coruñesa Pilar Pallarés na inauguración da #FLC19. Directo ao corazón. 💗

“As palabras erguen soños e pesadelos, individuais e colectivos, son arma e coraza a un tempo.”

“Os libros… están feitos dunha materia fráxil e poderosa, resisten os lumes da historia. Xa o dixo Manolo Rivas: arden mal”.

“Aquí, na lembranza de Luisa Villalta e de Xabier Docampo que elaboraron tan fermosamente na palabra, COMECE A FEIRA.”