Actividades infantís

Durante a 48ª edición da Feira do Libro da Coruña, do 1 ao 11 de agosto a carpa infantil será o escenario de numerosas actividades dirixidas a nenas e nenos, familias e público en xeral. Ademais de dar a coñecer as novidades en literatura infantil e xuvenil, haberá actividade continuada ao longo dos 11 días de feira.

A carpa destinada ás actividades infantís leva por nome Xabier P. Docampo, en homenaxe a quen tanto traballou pola literatura infantil e xuvenil.

O programa de actividades desenvolverase nas tardes e na fin de semana: obradoiros, presentacións, xogos… Unha morea de propostas para convidar ás lectoras e aos lectores a mergullarse nas historias dos libros.

Día 01

  • 18.00 Espectáculo musical e contacontos “As parábolas de Pakolas“, con Paco Cerdeira.
  • 19.00 Presentación do libro “Quokka Moka“, editado en Xerais, con María Solar (autora) e Víctor Rivas (ilustrador).
  • 19.45 Presentación dos libros “Quen salva un can” e “Conta nove estrelas“, editados en Xerais, e charla-debate con Erica Esmorís e Andrea Maceiras.

Día 02

  • 18.00 Contos e cancións para os máis pequenos (2 a 4 anos) “Fábulas no berce“, con Charo Pita.
  • 19.00 Presentación do libro “Puf! Vaia peido…seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes“, editado en Galaxia, e contacontos coa autora Luisa Martínez Lorenzo.
  • 19.45 Presentación do libro “O soño da serpe“, editado en Galaxia, con Antonio Seijas.

Día 03

  • 12.00 Obradoiro “Manualidades con Naturizo“.
  • 13.00 Contacontos “Cándido e os demais“, con Sara Lebedynski e Álex Fente do equipo de animación á lectura da editorial Kalandraka.
  • 18.00 Actividade de ilustración “Os ilustradores teñen Superpoderes“, con Rocío Bonilla.
  • 19.00 Presentación do libro “Cantamos“, editado en Guindastre, e concerto con Luís Vallecillo.
  • 19.45 Presentación do libro “Versos e viceversos” de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos, editado en Kalandraka, con Lurdes López e Mª Jesús Fernández.

Día 04

  • 13.00 Contacontos en inglés “Storytime: under the sea“, con Kids&Us.
  • 18.00 Presentación do libro “El increíble viaje de los besos voladores” e xogo colectivo coas autoras Inés Cuadrado e Aldara Prado.
  • 19.00 Obradoiro literario dramatizado “Coñece a Rosalía de Castro” (6 a 12 anos).
  • 19.45 Presentación do libro “Destripando la historia: Las auténticas princesas“, editado en Alfaguara, cos booktubers Pascu e Rodri.

Día 05

  • 18.00 Obradoiro plástico-literario “O animalario fantástico” (4 a 12 anos), con Crearte. [Con convite]
  • 19.45 Presentación do libro “Hércules e o xigante. Unha torre de lenda“, de Enrique López coa editora Laura Rodríguez.

Día 06

  • 18.00 Obradoiro de ilustración (6 a 12 anos) con Xosé Tomás.
  • 19.45 Obradoiro “A faba máxica” para familias e tribus, con Marina Oural.

Día 07

  • 12.00 Contacontos en lingua de signos con Tino García.
  • 13.00 Taller básico de Lingua de Signos Española (LSE), con Tino García.
  • 18.00 Narración oral de contos do mundo “Animaliños” (5 a 11 anos), con Ramiro Neira.
  • 19.00 Presentación do libro “A manchas ou a raias?“, editado en Hércules, e contacontos coa autora Estefanía Padullés.
  • 19.45 Obradoiro “A faba máxica” para familias e tribus, con Marina Oural.

Día 08

Día 09

Día 10

  • 12.00 Presentación do libro “La princesa primorosa: un cuento para ducharse y también para bañarse“, coas autoras Adelaida Pittaluga e Ana Miranda.
  • 18.00 Contacontos de tradición oral “Os contos de Pablísimo” (3 a 10 anos), co Paroleiro.
  • 19.00 Presentación do libro “Aprende banda deseñada con Fiz“, editado en Xerais, co autor Kiko da Silva.
  • 19.45 Contacontos “La oruga impaciente“, con Irene Álvarez Lata.

Día 11

  • 12.00 EspazoArteAcción. Descuberta de Juana de Ibarbourou: a poeta de América en Lourenzá. Charla performática a cargo de Marina Oural.
  • 18.00 Taller “Superando os nosos medos con Augusta“, con Sabela Fernández Trelles.
  • 19.00 Contacontos “Pete el gato“, con Irene Álvarez Lata.
  • 19.45 Obradoiro “Entre el cómic y la novela gráfica” con Ana Merino.
  • 21.15 Concerto de peche de feira con Black Galicia, soul e literatura.