Primeiros anos da Feira do Libro da Coruña (1966-1974)

A primeira Feira do Libro da Coruña comezou a xestarse en xuño de 1966 coa realización dunha reunión na Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo á que se convocou ao persoal editore, distribuidor e libreiro, coa presenza do xefe do Departamento de Difusión do Instituto Nacional do Libro Español (Fernando Cendán Pazos) e onde se convidaba a participar a todos os profesionais interesados no asunto.

historia da feira do libro da coruña

O 30 xullo de 1966 tivo lugar a inauguración da I Feira do Libro da Coruña co lema “Un libro para cada coruñés e cada coruñesa” a cargo de Guillermo Díaz- Plaja, director do Instituto Nacional do Libro Español:

“Cando chego por primeira vez a unha cidade española, sexa grande ou pequena, teña ou non teña universidade, sempre pregunto polas librerías máis importantes, e alí paso horas e horas en busca de algo novo e descoñecido”.

Nesas primeiras edicións a feira realizábase cada dous anos, polo que houbo que esperar ata 1968 para a realización da II Feira, que coincide coa Exposición cervantina que leva como nome “A amizade dos pobos a través dun libro.”

Cartel dispoñible no fondo da Biblioteca de Estudos Locais

Nesta II ddición participan corenta editoriais e sete librarías coruñesas e a “Guía de La Coruña”, editada por Everest e escrita por Miguel González Garcés convértese no best- séller da feira deste ano.

“Os coruñeses e forasteiros pasan alí as horas máis proveitosas do día; sempre hai un autor, un exemplar, un tema concreto que nos seduce. É unha lección constante de cultura, e como mirar non custa nada, por cada libro que teña intención de mercarse, pasou un o tempo entre nomes ilustres e portadas atractivas”. (+info arquivo La Voz de Galicia)

Naqueles anos era frecuente a compra de libros a prazos así como a elección da Dulcinea da Feira, elixida pola súa beleza de entre as señoritas que forman a corte da Raíña das festas coruñesas. Pola compra de cada libro, as mulleres recibían como obsequio un caravel, os homes cinceiros e os nenos un cómic.

Por aquel entón a prensa da época destaca que as coruñesas son magníficas compradoras de libros:

Noutras cidades a muller sempre evitou que o home merque libros, na Coruña, a señora merca libros, e noutras cidades non merca, nin soa nin acompañada… O público é en xeral novo. Quizais merquen máis as rapazas.”

Nos primeiros anos da Feira do Libro, o libro máis vendido entre os homes entre 25 e 35 anos foi “El desafío americano” de Jean -Jacques Servan-Schreiber, un libro de análise económica sobre os anos 50-60. Unha obra que segue sendo hoxe en día a de maior éxito editorial en Francia entre os libros de ensaio político.

José María Gironella, é un dos autores máis demandados, obtivo gran éxito durante o franquismo e foi Premio Nadal. A súa triloxía sobre a guerra civil vendeu 6 millóns de exemplares.

El Misterio de las Catedrales escrito por Fulcanelli, pseudónimo dun alquimista descoñecido, escrito en 1922 e publicado en 1926 é outro dos best séllers dos primeiros anos. Leva publicándose en España de maneira ininterrompida dende hai medio século. Trátase dun tratado de alquimia e constitúe un sorprendente e revelador estudo sobre as obras mestras da arte gótica. Tanto o libro como o autor xeran moito interese nos programas de Iker Jiménez e Javier Sierra.

Entre os homes maduros, o libro máis demandado é Treblinka de Jean-Frangois Steiner, un monumento á coraxe do pobo xudeu.

Na preparación da edición de 1972 decídese dedicar un día a homenaxear a figura da muller, a do home e a do neno:

Aínda que a feira comezou sendo bienal, realizándose cada dous anos, e alternábase así coa Feira do Libro de Vigo, pronto debido á demanda cidadá, formúlase que se realice anualmente:

Incluso a prensa da época denomina nalgúns momentos a Feira do Libro da Coruña como Feira Nacional do Libro.

En 1972 a feira clausúrase cun volume de vendas moi superior aos primeiros anos: 12 millóns de pesetas vendidos en libros. Ademais a venda de libros en galego supera en moitos casos a venda de libros de autores nacionais.

Destaca a demanda de libros de autores como: Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Victoria Armesto, Castelao, Cunqueiro, Moure Mariño, Alonso Montero, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Pondal, Risco, Lamas Carvajal, Núñez Búa, Costa Clavell, Xohana Torres e Emilio González López.

Os auténticos best-séllers desta IV edición foron:

A V edición da Feira do Libro, en 1974, estivo dedicada ás “Las Letras Gallegas”, aínda que o título difundiuse en “perfecto castelán” ;), tivo lugar unha homenaxe á figura de Curros Enriquez cunha ofrenda floral e actuacións de grupos de folk.

Monumento en homenaxe a Curros Enríquez, obra do escultor Asorey

A edición dese ano contou tamén cunha conferencia de Celso Emilio Ferreiro, “Poesías e comentarios en torno á poesía xeral e galega“.

Na edicición do 1974 convidouse o país veciño, Portugal, a ter presencia na feira, cunha caseta dedicada ao libro portugués onde se podían mercar libros de autores portugueses e elexir entre máis de 1500 volumes de 17 editoras lusitanas.

Neste ano, tómase unha decisión que perdura ata hoxe: facer coincidir a Feira do Libro coa Feira de ArtesanÍa de Galicia (Mostrart) e así o anunciaba o alcalde da Coruña desa época, Jaime Hervada, vendendo a idea de:

Feira da Cultura, representada polo libro e a artesanía galega.

“É interesante ter conxuntado ambas as feiras, por ser o libro un produto que naceu dunha tarefa de artesanía”.

Na inauguración da V Feira do Libro da Coruña , o poeta Miguel González Garcés dedicoulle un poema ao libro no acto inaugural: