Pregón de Eduardo Blanco Amor na VII Feira do Libro

A VII Edición da Feira do Libro da Coruña, realizada en 1978, foi tamén a denominada I Feira do Libro Rexional de Galicia, inaugurada polo Ministro de Cultura Pío Cabanillas, e onde a figura de Eduardo Blanco Amor foi protagonista.

Eduardo Blanco Amor, homenaxeado polo Día das Letas Galegas en 1993, pronunció un pregón cheo de alusións á nosa lingua, e resaltou no seu discurso a importancia de realizar unha Feira do Libro Galega:

… despois de tantos anos, nos que a cultura galega foi ignorada, cando menos perseguida, unha Feira realmente galega, que dará paso ás Feiras Nacionais do Libro

Gran parte do seu discurso estivo adicado a lingua galega:

A nosa fala galega, perseguida, renegada e asoballada polos imbéciles, plos escuros e plos túzaros, volve a rexurdir fortalecida polos anos de martitio e clandestinadade. Acheguémonos ao sartego de pedra de Pondal para dicirlle que os tempos son chegados; falemos de Curros, tan preto de acó; remontémonos ao río e digamoslle ao Apostolo que xa non fai falla seguir mantendo ergueita a espada matamouros. Acheguémonos por fin a onde Rosalía dorme desperta pra decirlle que se dorma, que xa cantan os galos de día.

Blanco Amor, finalizou o seu discurso alentando aos coruñeses a que pasearan pola feira e mercasen libros:

… os medios audiovisuais son a preguiza da cultura, e os libros están sempre ao noso dispor, mercade libros, lédeos e que vos presten, mais tratade de non prestalos