Primeiros anos da Feira do Libro da Coruña (1976-1978)

Nos primeiros anos a feira realizábase bienalmente, polo que, logo do éxito da V edición de 1974, houbo que agardar ata 1976 para desenvolver unha nova.

Con motivo da VI edición, A Coruña converteuse na Capital do libro, ao confluiren ao mesmo tempo varios eventos entorno ao mundo do libro ao mesmo tempo: a Feira do Libro, o Congreso Nacional de Libreiros, a inauguración do monumento ao Libro e a Praza do libro.

En 1976, inaugúrase o Monumento ao Libro nos Xardíns de Méndez Núñez, obra do escultor Buciños, “situado nun céntrico lugar da cidade, gardado polas palmeiras do Recheo emimado polas flores das veciñas rosaledas”, que da comezo ao que lle chaman ese ano “La Coruña, la capital do libro” ao coincidir durante todo o verán actos adicados ao libro: a VI Feira do libro, o V Congreso Nacional de Libreiros (con 600 asistentes) e a I Exposición Nacional de Mostra Editorial.

Esta VI edición, inaugúrase coa presenza do sindicalista e político español, Marcelino Camacho, fundador de Comisiones Obreras (CCOO), quen acababa de sair de Carabanchel, o que xerou unha grande expectativa entre as persoas asistentes á feira e conseguiu que se enchese a caseta onde firmaba o seu éxito editorial “Charlas en la prisión. El movimiento obrero sindical” (obra que tivo que saír publicada primeiro en Francia)

Camacho se colocó en la caseta 43 donde se concentró numero público, especialmente joven. Por allí estaban los líderes obreros de la provincia coruñesa. La presencia de Camacho llevó a la Feria a un conjunto de personas cuyo denominador común era la militancia en organizaciones democráticas… Allí estaban Castro, Guerreiro, Amos Deus, Rioboo, Pillado, Aneiros, Varela… llegados desde diferentes puntos de Galicia…

En 1976, a Editorial Galaxia aproveita a Feira do Libro dese ano para presentar “Unha ducia de galegos” dun niviño Victor Freixanes, un rapaz da pequena burguesía, estudante en Santiago, que decidiu facer unha posible crónica do galeguismo a través dos seus propios protagonistas. O obxectivo era unir sobre o papel a xeración que aínda conservaba a memoria do século XIX, personificada na figura de Ramón Otero Pedrayo, coas vivencias máis inmediatas dos mozos do 68, daquela Carlos Casares ou Xosé Luís Méndez Ferrín. Esas entrevistas publicadas en Unha ducia de galegos, deixaron constancia dun tempo a medio camiño entre o franquismo e a reconstrución da autonomía galega.

O libro alcanzou grande éxito e foi reeditado catro décadas máis tarde, convertido dende a súa exitosa aparición nunha referencia testemuñal da nosa historia recente.

A Editorial Galaxia, que tivo que esperar 22 anos a ser recoñecida como tal, aínda que non con todos os dereitos coma o resto de editoriais españolas, presentaba tamén na VI edición a Biografía de Murguía de Vicente Risco, “Estructura de pesca costeira galega” de González Laxe e Percival de Xosé Luis Méndez Ferrín, obras, todas, que tiñan que pasar a censura antes de seren publicadas:

…Mientras no cambien las circunstancias, los libros pasarían por la censura previa, como así se viene haciendo…

A censura era un tema latente na época, o propio director xeral de Cultura Popular, Miguel Cruz Hernández, recoñecía que neses momentos a censura únicamente lles afectaba aos libros infantis, xuvenís e aos importados:

Censura no hay, salvo para el libro infantil y juvenil, y para el libro que se importe,porque para éste hay que pedir permiso. En los últimos meses estamos teniendo para el libro de importación los mismos criterios que para el nacional.

A edición de 1976 pechase cunha entrega do Gremio de libreiros da Coruña, dun gran lote de libros, destinados a bibliotecas públicas:

No 1977 non se realizou a Feira do Libro, xa que ata ese momento o evento tiña lugar cada dous anos.

En 1978 as diferenzas entre libreiros e editores fan perigar a continuidade da feira, finalmente resólvense e decídese comezar a realizar a feira anualmente, como vén sendo habitual dende entón.

E así, pese as dificultades e á falta de apoio económico do Concello da Coruña, anúnciase que a Feira do Libro do 78, edición VII, gaña carácter rexional e convértese na “I Feira do libro en Galicia”:

Del 5 al 13 de agosto se celebrará en La Coruña la tradicional feria del libro: una muestra bibliográfica que ha ascendido a la categoría territorial, convirtiéndose, según acuerdo tomado por los libreros gallegos, en la “Primera feira do libro en Galicia”.

A VII Feira do libro da Coruña e I Feira do Libro de Galicia foi inaugurada polo Ministro de Cultura Pío Cabanillas que aproveitou a visita á cidade para homenaxear a figura de Curros Enríquez e presentar o “Catálogo de libros en gallego”

A lectura do pregón, que inaugurou a feira, correu a cargo de Eduardo Blanco Amor e, como podedes ler estivo marcada pola lembranza a nosa lingua:

Na inauguración da edición de 1978, o director xeral do Instituto Nacional do Libro Español, José B. Terceiro Lomba anunciaba a intención de abrir novas bibliotecas en Galicia, así como a instalación de bibliotecas nos campamentos militares:

La analfabetización aún es una realidad en España, situación agravada por lo que respecta a Galicia. Aquí, un 64 % de la población no sabe leer o no ha recibido una educación adecuada. La forma de alejar este mal ha de empezar por atender primordialmente a la formación infantil.

Na edición de 1978, os autores máis esperados para asinaren libros e participaren en conferencias e recitais son Filgueira Valverde, Blanco Amor, Torrente Ballester, José Maria Álvarez Blázquez, Cuña Novás, Lueiro Rey, Manuel Maria, Uxio Novoneyra, Valenzuela, José Antonio Durán, Yuste Grijalba, Xan Ignacio Taibo y Tomás Barros.

Na conferencia de Filgueira Valverde sobre “O libro galego e a sua historia” falou do desprezo que se sente en moitos medios polo libro fronte a outros obxectos e denunciou que faltaba unha maior exposición do libro galego:

Entre os actos máis agardados nesta edición, o recital poético de Manuel Maria acadou moitos aplausos.

Benito Varela Jácome, crítico literario e autor da “Historia de la literatura gallega“, concedía unha entrevista tras o seu paso pola feria, onde explicaba o porqué de que o libro en galego non despuntase como o libro en catalán:

… la burguesía catalana se encargó de promocionar su cultura desde el siglo pasado… si la literatura catalana está más desarrollada que la gallega es porque hubo una mayor promoción, un mayor apoyo procedente de distintos sectores sociales.

Entre os títulos presentados figuran “As institucións da loucura” de Xosé García e Emilio González e a novidade editorial de Alfredo Conde “Akal“. E unha vez máis o libro galego destaca entre os best-séller da Feira e, en 1978, “O galego hoxe” sitúase entre os libros máis vendidos:

En relación co volume de vendas, se en 1972 se destacaba lograr a cifra de 2.000.000 de pesetas en vendas, 6 anos despois (1978) xa se falaba de 19.000.000 de pesetas recadadas.

Pero non todo foron eloxios para esta edición de 1978, o presidente do Sindicato de vendedores de libros queixábase no remate da feira dunha falta total de publicidade que axudase a dar a coñecer a feira:

… la campaña de publicidad prácticamente no ha existido…se habrá debido bien a la falta de tiempo o bien a la falta de dinero. Precisamente esta falta de publicidad ha llevado a algún editor a hacer por su cuenta inversiones para fomentar e incluso información al público en general de la existencia de la feria.