Anécdotas e curiosidades dos primeiros anos

Para participar na Feira dabase prioridade ás librarias locais, despois as provinciais e por último as editoriais. O número de casetas destas primeiras edicións era de 50, polo que quedaban fóra moitos interesados (no 1974 a prensa fala de que 40 editoriais quedan sen praza nesa edición da Feira e o resto dos anos é frecuente a queixa de que faltan casetas).

As casetas ubicábanse nos xardíns dos Cantones, como curiosidade estaban orientadas ao xardín e non cara a calzada:

A Feira do Libro daba a oportunidade a que moitos cidadans coñeceran o gusto pola lectura, e moitos dos futuros clientes das librarias mercaban por primeira vez un libro nas casetas.

O instituto Nacional de Estadística, contaba cun stand, dende onde colaboraba coa organización, recopilaba e difundía datos de vendas, asistencia, etc.

As máis xóvenes queixábanse da poca variedade de libros entre as casetas e do precio dos libros:

A prensa da época destaca en varias novas a tradición lectura da cidade da Coruña e fala de que as coruñesas eran magníficas compradores de libros:

En 1976 durante a realización da VI Feira do Libro ten lugar unha manifestación en defensa da amnistía e liberdade proclamando o lema de “Galicia ceibe sen emigración