casetas, librarias

Pedreira

Hoxe presentamos unha das librarías que nos visita de fóra da cidade e que teredes ocasión de visitar na edición 48 da Feira do libro da Coruña:

Libraría Pedreira, nace en xaneiro do 81 impulsada pola ilusión de defender e divulgar a lingua así como promover a cultura galega. Difundilas a través da literatura, a música, os formatos audiovisuais. Espallalas participando en diferentes actos culturais (feiras do libro, certames, festivais…), así como na edición de libros e revistas de carácter local ou en diversos medios de comunicación.

O propietario, Antón Pedreira, foi o presidente da Agrupación de Libreiros de Santiago de Compostela e comarca, ademais de director da Feira do Libro de Santiago de Compostela, dende o ano 1996 ata o 2005.

En canto a recoñecementos ou galardóns, pódense destacar os seguintes:

  • PREMIO IRMANDADE DO LIBRO 2003, da Federación de Libreiros de Galicia, á mellor libraría galega.
  • No 2004 Antón Pedreira foi galardoado ca Medalla de Ouro do I.E.S. Rosalía de Castro, polo seu firme convencemento en defender que a cultura, a educación e o deporte van da mesma man.
  • PREMIO MANUEL BEIRAS, 2009
  • Premio Honorífico na 1ª GALA DO LIBRO GALEGO, 2016
  • No  2017, a Libraría Pedreira é un dos cinco comercios composteláns que acada a distinción de COMERCIO EMBLEMÁTICO (Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela), sendo a única libraría galardoada.
Home Santo, 55 (Santiago de Compostela)
Facebook: @libpedreira
Twitter: @libpedreira
Web: https://www.librariapedreira.com/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s