casetas, librarias

Moito Conto

Esta libraría, situada na céntrica rúa San Andrés e aberta desde decembro do 2014, tamén formará parte da 48 da Feira do libro da Coruña.

Ofrece un espazo diferente no que se pode ulir o amor e coidado dos libros, obter as opinións lectoras das libreiras e atoparse cos títulos dos grandes grupos editoriais pero tamén de outros proxectos máis pequenos e igual de interesantes.

O equipo da libraría está formado por persoas do mundo do libro, que traballaron tamén en bibliotecas ou editoriais.

A miña zona favorita da libraría é calquera na que poida axudar ás persoas a descubrir autoras e autores que non chegaran nunca antes ás súas mans. Gústame pararme na zona das editoriais independentes, que non deixan de sorprender…

A oferta libraria complétase cun amplo programa de actividades vinculadas á lectura e dirixidas a todos os públicos: clubs de lectura de poesía, clubs infantís, presentacións de libros, encontros con autores e autoras, charlas, etc.

San Andrés, 35 15003 A Coruña
Instagram: @moitoconto
Twitter: @moito_conto
Facebook: @MOITO-CONTO-837974579569409/
Páxina web: https://moitoconto.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s