casetas, librarias

Arenas

A libraría Arenas, entre o 1 e o 11 de agosto, cruzará dun lado dos Cantóns (número 25 do Cantón Pequeno) ao outro para instalarse nunha das casetas que conforman a 48 da Feira do libro da Coruña .

En activo desde o ano 1948, e inaugurada por Fernando Arenas, que foi presidente dos libreiros de todo o Estado de 1963 a 1972, o mesmísimo Álvaro Cunqueiro referíase a ela como

“es como una ciudadela almenada o como un fuego irreprochablemente encendido”.

Foi o impulsor do monumento adicado ao “Libro” nos xardíns Méndez Núñez, o primeiro instalado en España e obra do escultor ourensán Buciños. Igualmente foi o impulsor da primera Feria do Libro que se celebrou na Coruña.

Na actualidade é rexentada por Manuel Arenas, que é ademais promotor do premio literario de novela e ensaio “Fernando Arenas Quintela”.

Manuel prosegue tamén o labor editorial iniciado polo seu pai. A primeira edición, do 1963, é o cómic “Astérix” publicado en galego, e do que chegaron editarse ata 8 títulos. Máis tarde, publicaríanse libros de Salvador de Madariaga, como “Mujeres españolas”, ou de Wenceslao Fernández Flórez, como “Bosque animado”.

Hoxe, a que é a libraría máis antiga da cidade da Coruña, ten o proxecto da apertura dun segundo local na zona de Catro Camiños.

Cantón Pequeno, 25 15003 A Coruña
Instagram: @libreriaarenas
Páxina web: https://www.libreriaarenas.com/

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s