casetas, librarias

Formatos

Hoxe presentamos unha das librarías que teredes ocasión de visitar na edición 48 da Feira do libro da Coruña:

Formatos, que iniciou a súa actividade en 1994, é unha libraría que ofrece unha coidada selección de títulos -nacionais e internacionais- relacionados co mundo das Artes, e especialmente coa Arquitectura. Nas súas sección recollen un amplo abano de ámbitos profesionais e disciplinas artísticas, entre eles urbanismo, deseño gráfico, tipografía, ilustración, cine, fotografía, publicidade, comunicación ou moda.

A nosa idea inicial, e que se mantén vixente na actualidade, era crear un espazo no que tivesen cabida publicacións relacionadas co mundo das artes e, en especial, de arquitectura; entendíamos que era necesaria a especialización nestas áreas nunha rexión periférica como a nosa, explica Ramón.

En 2006 a librería trasladouse a un novo espazo deseñado polos arquitectos Jorge Meijide e Fernando Martínez, o que lles ofreceu a posibilidade de poñer en marcha un dos seus antigos anhelos: Proxecto intemción unha proposta cultural alternativa de conferencias, proxeccións, presentacións de libros, e iniciativas diversas encadradas todas elas nos ámbitos de interese da propia librería.

Detrás do mostrador de Formatos atopamos a José Manuel e Ramón, que teñen moi claro que criterios empregan a hora de seleccionar os libros para incorporar ao seu fondo:

Buscamos unha liña coa que nos identificamos, e aí non todo entra. Temos novidades, pero preferimos arriscar e apostar máis por editoriais independentes que están facendo un traballo moi interesante e que non ten a visibilidade das grandes editoriais.

O seu perfil de clientela está formado maioritariamente por profesionais e estudantes de arquitectura, deseño, fotografía e arte en xeral, ademais de institucións e organismos diversos cos que comparten intereses comúns. Aberta ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, Formatos conta con presencia nas redes sociais.

Avenida Fernández Latorre, 5/9 15006 A Coruña
Instagram: @libreriaformatos
Twitter: @libros_formatos
Facebook: @libreriaformatos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s