casetas, librarias

Berbiriana, libros e grolos

Hoxe presentamos unha das librarías que teredes ocasión de visitar na edición 48 da Feira do libro da Coruña:

Librería Berbiriana, libros e grolos

Berbiriana naceu do desexo de dúas libreiras de gozar e compartir os libros. Se a iso lle engadimos que lles encanta vivir o día a día con amigos e amigas, cun bo viño ou unha rica e fresca cervexa e que tiñan vontade de contribuír á axenda cultural da cidade, aportar un lugar no que confluíren literatura, pintura, cine, música … o resultado é a Libraría Berbiriana.

Libraría Berbiriana, libros e grolos

A narrativa ocupa un lugar central en Berbiriana, cunha oferta ampla de novelas, relatos e contos. Tamén están en crecemento os andeis de libros de ensaio, feminismos, biografías, ilustrados e os dedicados á música, poesía e o cine.

Durante moito tempo viviron fóra de Coruña e, en cada cidade había librerías nas que ademais podías tomarte un trago…  lugares que frecuentaban e onde se sentían sempre moi a gusto. Querían iso para a súa cidade, a onde quixeron regresar.

Anímate a pasar por Berbiriana a tomar un trago, mentres botas unha ollada ao catálogo de libros e á selección de papelería! Servimos café, infusións, cervexas -tamén artesás, viños e zumes naturais. Incluso podes levar á casa botellas de viño ou de cervexa artesá deliciosa, que podes combinar con libros e papelería artesá para facer un agasallo especial.

Outra cousa que lles encanta é a praia. De aí, ven o nome de Berbiriana. Fai moitos anos, un amigo amosoulles que así se chamaba antes unha zona da praia do que hoxe é O Orzán e Matadeiro. Berbiriana é tamén o lugar reservado nos portos para o baño público. Todo isto, máis Alejandra e Cristina é Berbiriana.

Rúa Santiago, 7 Porta Real
15001 A Coruña
Instagram: @berbiriana
Twitter: @berbiriana
Facebook: @berbiriana

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s