casetas, librarias

A Carapuchiña Feroz

Hoxe presentamos unha das librarías que teredes ocasión de visitar na edición 48 da Feira do libro da Coruña:

A Carapuchiña Feroz” é unha librería da cidade da Coruña, inaugurada en outubro de 2017, especializada en literatura infantil e xuvenil, con multitude de actividades orientadas ás familias.

Libraría A Carapuchiña Feroz

Pedro Brandariz é o dono da librería. Coñecido actor, humorista, monologuista e clown, moi vinculado sempre ao mundo dos libros e un gran contacontos e consumidor de libros. Tiña a ilusión de montar unha librería dende fai moitos anos:

Centrámonos en promocionar a lingua galega, tendo practicamente o 80% do noso catálogo en galego.

O propio Brandariz explícanos o porqué do nome da libraría:

A idea era darlle unha volta ao conto tradicional porque carapuchiña, no conto tradicional, é unha nena que ten os seus medos, pero non ten visibilidade realmente como personaxe. É unha loitadora en si, unha supervivente que vai polo bosque ela soa, sobrevive ao lobo, consegue salvar á súa avoa, pero parece que é unha nena vítima, que é o que se transmite no conto tradicional e lle queríamos dar unha volta a esa situación. Que as nenas sexan por fin protagonistas das súas propias historias, de ahí ven o nome de Carapuchiña Feroz, que non é a nena que ten medo no bosque senón a nena valente que sobrevive a unha serie de acontecementos, que ten forza, que ten a súa propia personalidade.

Aconsellándonos coas nosas lecturas detrás do mostrador están Eli e Laura, libreiras que sempre atopan o mellor libro para cada lector ou lectora.

Rúa Fanny Garrido, nº 12D, baixo 15011 A Coruña
Instagram: @acarapuchina
Facebook: @acarapuchinaferoz

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s